Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

08 julho, 2011

Divertimento - Especial "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, que demos en chamar "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".

Contamos coa presenza no estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de Patricia e Ana, nais de nen@s e da comunidade educativa do Colexio Rural de Lago en Valdoviño, así como de José Manuel [profesor] e Juan [ANPA] da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.

Como xa é público sobre a Escola de Valdoviño existe unha ameaza seria de feche e sobre a escola de San Xoán de Filgueira unha reducción dos seus recursos humanos e de unidades pese ao incremento de alumnado. Este último centro contínua o seu feche de protesto contra estas medidas, dende o pasado xoves 30 de xuño. 
Ademáis, outros centros educativos públicos da comarca de Ferrol son afectados por estoutra "reconversión", dunha o doutra maneira: Rodolfo Ucha, IES Ferrolterra, CIFP de Fene, Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre, IES Fernando Esquío de Neda, Colexio San Ramón de Moeche... A nível de Galicia, estes recortes afectan a outros moitos centros, todos públicos.

Durante o programa analisouse a delicada situación dos Ensino Público na comarca de Ferrol [patrocinada paradoxalmente por quen "administra" o público -> Xunta de Galicia e os seus monaguillos], ademáis se estabeleceu un interesante diálogo cos ouvintes que chamaron a radio en directo.


Descargar o audio

Foto: Susete Ferrol

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails