Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

18 janeiro, 2013

PONTE EN GALEGO!, o programa do IES Breamo de Pontedeume



Segunda edición do PONTE EN GALEGO!, o programa de radio do Equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo de Pontedeume.
Carlos Mosquera e Antonio Lozano entrevistaron a Aarón Curbeira, membro do Colectivo Terra, que é unha activa asociación que traballa pola defensa da lingua galega en Pontedeume. Carme Castro presentounos a música do grupo Arenga, cuxos representantes teremos proximamente en directo no programa.  Ainhoa Ruiz, na súa sección Dicionario vivo probou con resultado diverso o nível de coñecemento da palabra ‘chavellón´ entre persoas mozas e maiores de Pontedeume. Sara Rodríguez continuou a súa presentación do Arquivo Sonoro de Galiza e ilustrounos con diversas clases de instrumentos musicais feitos de materiais insospeitados.
Tamén contamos coa presenza de catro novas alumnas de 1º de ESO, que logo se incorporarán ás tarefas do programa: Delia, AlbaLucía e Paula Sexan benvidas!





Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails