Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC Internet Radio



15 abril, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº 13. Luns 26 marzo 2018.


Nova emisión dende as instalación do Centro Cívico de Canido. Emisión que comeza cun chamamento de Fran, en representación de Radio Filispím, a participar no Conspirando 2018.

Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto, informa da entrevista mantida co Alcalde , preparatoria dos Maios. Tamén informa da próxima visita do Concellal de Barrio a Canido .

Na sección Outra Información é Posible colabora , nesta ocasión, Rafa Rodríguez. Reflexión sobre a necesidade de buscar información máis aló do comercial. Percorrido pola actualidade comentando temas variados: Sanidade, Xustiza, Cataluña…

Vivo, Penso e Declaro contou coa intervención de Sabela Rodríguez .

O Tema do Día tivo como cerne de exposición  O Dereito a Pensións Dignas. Participaron neste debate Chitola Rey, Marichi Cuadrado, Rafa Rodríguez  e María José, asistente dende o público. Unanimidade entre os participantes en presentar as Pensións como un dereito. Dereito de toda a cidadanía a vivir con dignidade.
Exposicións biográficas de anos de traballo e loita e, duras críticas a mensaxes e intentos de xustificar as privatizacións de servizos públicos, nomeadamente as Pensións.
Despedida con Cesaria Evora e Eleftheria Arvanitaki, camiñando a S. Tomé.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails