Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC Internet Radio



15 abril, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO.

Programa nº 14. Luns 9 abril 2018. 
Sintonía e, despois de presentar aos convidados, comeza Roberto Taboada a súa sección: Noticias do Barrio Alto. Información sobre a visita ao Concello, sobre a Intrabarrial e sobre a incidencia do Plan de barrios que se está a levar en Canido.

En segundo lugar tivemos a intervención de Ana Álvarez, Presidenta da Asociación de Hostaleira, Comercio e Profesionais do Barrio de Canido. Informa Ana da recente constitución desta Asociación. Tamén de obxectivos, socios e proxectos a realizar.

Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible, presenta e desenvolve información sobre o Movemento en defensa das Pensión Públicas. Tamén sobre “O Delito “ de salvar vidas e tamén sobre a presentación en Ferrol da Plataforma Vía Galega.

Guilberto Seoane participou na sección Vivo, penso e declaro.

O tema do día: A revolta das pedradas. Xan López foi o relator neste Obradoiro de Historia. Partindo da denominación, cronoloxía e do ámbito xeográfico, o historiador expuxo as chaves económicas, os foros, o réxime fiscal abusivo para o campesiñado, o agrarismo en Ferrolterra…O sistema da Restauración, clasista e alonxado das necesidades populares. O estado de desesperación, o sufrimento  e as circunstancias que fan que nestes momentos, marzo de 1918  estoupe a Revolta das pedradas.
E camiñar,camiñar.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails