Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 maio, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº15. Luns 23 abril 2018.

Sintonía, presentación de participantes no programa e paso a Roberto Taboada coa súa sección Noticias do Barrio Alto. Información sobre a Intrabarrial e os preparativos da festa Dos Maios.

Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible amosou información relativa a situación económica, social e política de Portugal. Nun segundo tema a información volveu xirar arredor das Pensións.

Con motivo do aniversario de Muíño do Vento, Carmen Cuesta, Presidenta, lembrou o percorrido da Asociación: dende o nacemento ata o día de hoxe, expoñendo os obxectivos, os traballos, as relación co tecido asociativo, as publicacións, o futuro de Muíño do Vento….Avaliación e saúdo fraternal e solidario dende Muíño a persoas e Asociacións.

No tema do día estiveron convidados Jorge Mirancos e Antón Cortizas. Debate arredor de Portugal e Galicia, de Portugaliza, de outras posíbeis formulacións da realidade arredor da raia. Vivencias  persoais a unha e outra banda do Miño, lingua,  historia, novas formulacións… E o 25 de Abril nas lembranzas dos convidados.
Despedida  emotiva con Grândola Vila morena e José Afonso.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails