Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Sesion Vermú. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sesion Vermú. Mostrar todas as postagens

04 abril, 2017

IX Conspirando por umha Rádio Livre - Cunha Promo

Este Joves 13 de Abril, ven celebrar com nós a novena ediçom do Conspirando por umha Rádio Livre.
Participa na autogestiom da livre e comunitária da Terra de Trasancos e do Ateneo Ferrolán, vindo á Sessiom Vermú que celebraremos no Ateneo a partir das 12 do meiodia, com a actuaçom de Eugenia Sanmartín.
Já à noite, a isso das 10h., na sala Super8, disfrutaremos do clássico concerto "Conspirando por umha Rádio Livre" com as actruaçons do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM.
Lembra, este Joves 13 de Abril, toca conspirar por umha rádio livre, Rádio FilispiM.

01 julho, 2016

Importante. Anulada Sesión Vermú fin de grella radiofónica deste sábado 2 de xullo.

Fica aprazada a celebración do fin de grella radiofónico de Rádio FilispiM, até nova data.

Descupade as molestias!

Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

30 junho, 2016

CANCELADA - XVIII Sesión Vermú Rádio FilispiM, fin de grella (2015/2016). Este sábado ás 12:00 am



IMPORTANTE!!!. Fica aprazada a celebración da Sesión Vermú fin de grella, anunciada para este sábado 2 de xullo, até nova data.
Descupade as molestias!

Asembleia do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

Rádio FilispiM, nacida libre.

31 outubro, 2015

XVII Sesión Vermú de Rádio FilispiM, Sábado 31 de Outubro.


Con a actuazón dos Dj's: "Please don't touch" e "Salvaje"
MÚSICA, PETISCOS RÁDIO E BO AMBIENTE.
As novas chapas de Rádio FilispiM están SuperChulas!




20 junho, 2015

XVI Sesión Vermú, fin de grella, 2014/2015. Sábado 20 de xuño, a partir das 12:00 h.


Vem celebrar com nós a despedida da tempada filispiniana 2014/2015. 


Este sábado 20 de Junho, nova Sessiom Vermú na traseira do Mercado de Caranza a partir das 12:00 até as 15:00 h., com a actuaçom, especial de Jamie Fifthring (Jaime Quintanilla).


Radio ao vivo, música, petiscos e sorteio de camisolas filispinianas!!. Nom o podes perder!!



Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1592178171051262/

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

18 outubro, 2014

XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, presentación 10ª grella, 2014/2015


Iniciada a décima grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, retomamos un dos nosos encontros clásicos coa comunidade "ferrolterráquea", a Sesión Vermú. 

A XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, acontecerá este sábado 18 de outubro de 12:00 a 15:00 h, na traseira do Mercado de Caranza. Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional, "Vai Rañala Meu". 

Durante as tres horas emitirase un programa de radio especial ao través do 93.9 FM, donde as voces habituais da radio libre, falarán das súas propostas radiofónicas para este novo curso radiofónico. A festa da radio libre acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como ao inicio de cada grella, o Colectivo Opaii!- Rádio FilispiM, oferece a comunidade a posiblidade de involucrarse no proxecto. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas ao enderezo filispina@gmail.com .No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, atópase información sobre o ideario fundacional desta iniciativa cidadá.

No mes de agosto de 2015 Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións initerrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que nestes anos pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Este sábado 18 de outubro entre as 12:00 e 15:00 h. da tarde, pasa pola traseira do Mercado de Caranza e toma un vermú na festa da radio libre!!

Promo (version 1)

Promo (version 2)

15 setembro, 2013

XIV Sessiom Vermú de Rádio FilispiM [93.9FM] Comeza a Tempada! 2013-2014

Evento do Facebook: http://www.facebook.com/events/629684190398372

 Audio cunha promo XIV Sesión Vermú:
O inicio das emisións da novena grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM será o sábado 14 de setembro a partir das 12:00 h. na traseira do Mercado de Caranza, no trancurso da XIV Sesión Vermú. Contará coas voces protagonistas da nova grella 2013/2104, nun programa especial que se emitirá en directo, dende as 12:00 h. do mediodía. A festa da radio acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como xa é habitual, o principal instrumento do Colectivo Opaii!, Rádio FilispiM, oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para participar da radio. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas radiofónicas ao enderezo filispina@gmail.com

No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, se atopa toda a información relativa ao mesmo. Rádio FilispiM, é unha radio libre e comunitaria enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (ReGARLIC) e na Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC),  que vén de cumprir oito anos de emisóns ininterrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que no trancurso destes case nove anos, pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Grazas pola difusión!.

Audio completo da Sesión Vermú de Rádio FilispiM, presentación grelha 2013/2014:

24 junho, 2013

A XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM en imaxes e audio.

Imaxes da XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, durante a intervención de algúns dos programas que avaliaron o fin de grelha radiofónica 2012/2013 e das actuacións do cantautor ferrolá Rubén Artabe e da agrupación tradicional @s Carancereteir@s. A todos os artistas obrigad@s! pola súa participación desinteresada na festa da radio libre e comunitaria de Ferrol e comarca.



22 junho, 2013

XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, fin de grelha 2012/2013.


XIII Sessiom Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM coa que, como vem sendo habitual, finalizaremos a tempada radiofónica filispiniana 2012/2013. Haverá música, petiscos, rádio ao vivo e bom ambiente... nom sabemos se haverá neve, mais podes vir investigar na traseira do Mercado de Caranza. Vai ser o sábado 22 de junho de 2013 a partir das 12:00 h

Actuarán:
· Rubén Artabe (https://www.facebook.com/RubenArtabe)
· Carancereteir@s
· Miriam, directamente do certame A Mocidade coa Lingua 2013.

Vem a neve e tráete umha amig@, ficará flashead@!!!


21 junho, 2012

Audio e imaxes da XII Sesión Vermú de Rádio FilispiM [16/06/2012]


Istas son algunhas das imaxes e o audio completo da XII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na manhá do sábado 16 de xuño de 2012.

Os programas de radio que o desexaron, avaliaron o curso radiofónico que agora finda, ao través dos micros do estudio auxiliar filispiniano, no transcurso do programa especial.

Ademáis disfrutamos, unha vez máis, dunha estupenda actuación do grupo folc da comarca, Alén de Ancos, semanas antes de actuar no cenario Runas do Festival de Ortigueira 2012.

A xa habitual xornada de convivio dos integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio Filispim, estivo estimulada por un delicioso vermú, uns estupendos pinchos filispinianos e a conversa de quen desexou pasarse por alí, libremente.

A presentazón das novas camisolas de Rádio FilispiM, foi todo un éxito. Xa podes colaborar na autoxestión da FilispiM. Só tes que escribirnos a filispina@gmail.com e solicitar a túa!!!

Até a vindeira Sesión Vermú, que será para dar anunciar a vindeira grella, mais iso será cara setembro... até daquela, seguide a SINTONIZARNOS.



16 junho, 2012

XII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, fin de grelha 2011/2012

XII SESIÓN VERMÚ do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM.

O vindeiro sábado 16 de xuño o Colectivo Opaií! – Rádio FilispiM, levará a cabo a súa XII Sesión Vermúdende as 12:00 até as 15:00h, na traseira do Mercado de Caranza en Ferrol.

Como xa é tradicional, durante a XII Sesión Vermú deste sábado, se emitirá un programa de radio especial, coas voces de todos os programas desta grella  e a actuación do grupo folc da comarca Alén de Ancos, que participará na vindeira edición do Festival de Ortigueira. Non faltarán os clásicos petiscos filispinianos para acompañar o delicioso vermú, e mesmo a  presentación das novas camisolas de Rádio FilispiM.

Durante o programa especial, os 22 programas de produzón propia que se emitiron na grella 2011/2012, avaliarán como ten sido o curso radiofónico, que agora remata.

Outros 15 programas de produzón allea, [podcast independentes ou mesmo doutras radios libres de Galiza, do Estado e do mundo, ademáis dos contrainformativos  Más Voces e Democracy Now]completaron a programación da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Caranza. Así, máis de 37 espazos radiofónicos diferentes se emitiron semalmente na grella 2011/2012 de Rádio FilispiM.

Canto a produzón propia, a programas xa consolidados coma "Diagnóstico Positivo", "O Recuncho", "Divertimento para pequenos monstros", "Atenta!", "Sin Fronteras", "O Souto", "Chocolate por la noticia",  "Leña Dura DF", "Caleidoscopio", "Aquilo que vibra", ou "O Programa do Colectivo Opaíí!", sumáronse outros novos, até completar un total de 22 programas de produzón propia: "Música, surf y medioambiente", "En Tránsito", "Ferrolterrap", "A Fábrica da Luz", "La Hora de la Almádena", "O Pinchacarneiro", "Sonido Emergente" ou "Harmónicos nas Ondas".

As temáticas dos programas de produzón propia foron ben diversas: medio ambiente, surf, músicas alternativas, saúde, SIDA, contrainformación, literatura xuveníl, permacultura, inmigración, feminismo... A implicación coa Rádio FilispiM,  dos colectivos da comarca e persoas radio-apaixoadas da comunicación libre e comunitaria, ten crecido exponencialmente nesta grella. 

Por outra banda, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, contou esta grella coas súas primeiras e propias Aulas de Formación en Técnicas de Rádio-difusión básicas, co fin de mellorar a cualidade dos espazos radiofónicos que se emiten.

Rádio FilispiM, é unha radio do Terceiro Sector da Comunicación autoxestionada, sen ánimo de lucro e que non emite ningún tipo de publicidade, e que transmite dende agosto de 2005 para a nosa Comarca no 93.9 FM e para todo o mundo vía streamingen: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Grazas pola difusión; ficades convidadas a un Vermú!                      
Evento no facebook, comparte!          

12 junho, 2012

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Rádio FilispiM - audio 1 [práctica Curso Técnicas Radio-difusión Básicas].

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM. 


Práctica gravada durante a última áula do 1º Curso técnicas radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.


Argumento ficticio: no transcurso dun mini-espazo promo da XII Sesión Vermú de Rádio Filispim, se produce unha chamada... do Cuarteliño da Policía Local.


Participaron: Fran, Sabela, Javier M, Miguel R., Xaime, Patricia, Candela e Pequeno Monstro.

Ir a descargar

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Rádio FilispiM - audio 2 [práctica Curso Técnicas Radio-difusión Básicas].

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM. 


Práctica gravada durante a última áula do 1º Curso técnicas radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.


Argumento ficticio: no transcurso dun mini-espazo promo da XII Sesión Vermú de Rádio Filispim, se produce unha chamada... da Estación Interplanetaria Enterprise.


Participaron: Fran, Sabela, Javier M, Miguel R., Xaime, Patricia, Candela e Pequeno Monstro.


Ir a descargar

05 abril, 2012

Este xoves 5 de abril, XI SESIÓN VERMÚ [especial CHURRASCADA!].

XI SESIÓN VERMÚ Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM [Especial CHURRASCADA!!!]
Cuaresma?. Unha m....!. Vén tomar unha boa churrascada!!! 
Este xoves "santo", a partir das 12:30 h. do mediodía, na traseira do mercado de Caranza [Ferrol].
Música en vivo, radio en directo e CHURRASCO a discreción!!!. Prezos populares.
Colabora na autoxestión e nutrición da radio libre e comunitaria que emite dende Ferrol.
Argalla: Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, 93.9 FM
Pá-sa-oh!!!
Ir a descargar

02 outubro, 2011

Fotos e audio X Sesión Vermú Rádio FilispiM [inclue actuacións de Quant + Die Tsunami] - 01/10/2011

Fotos tiradas na X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, o pasado sábado 1 de outubro de 2011, presentación da súa grelha 2011/2012, donde ademáis actuaron as bandas locais: QUANT [power pop] e DIE TSUNAMI [surf rock] e donde bebeuse vermú, cervexas acompañadas de riquissimos petiscos.

No reprodutor podes ouvir o audio do programa especial completo coas actuacións dos grupos [que actuaron desinteresadamente en apoio a Rádio FilispiM] e moitas voces filispinas.




Descargar o audio

29 setembro, 2011

X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, presentación da súa sétima grella.



O vindeiro sábado 1 de outubro de 2011 a partir das 12:00 h. do mediodía, o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, argalla a súa X [décima] Sesión Vermú. Vai ser no local anexo ao seu estudio, na traseira do Mercado de Caranza.

No transcurso da mesma apresentarase a grella radiofónica 2011/2012 da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, no seu xa sétimo curso radiofónico.

As persoas responsábeis dos programas de produzón propia apresentarán as súas propostas, as que se sumarán as novas incorporacións a grella da radio, dentre delas un programa de literatura, "Literalmente", e outro de música hip-hop, "Ferrolterrap".

Como é habitual a sesión vermú "filispina" estará amenizada por música. Nesta ocasión contamos coa colaboración desinteresada dos grupos locais: Quant e Die Tsunami.

Haberá petiscos, cervexa e, claro, vermú. Como a radio é autoxestionada, quen quixer colaborar no seu sostemento, poderá mercar camisolas co logo da radio e redondas chapas.

Un programa de radio en directo servirá para rexistrar e difundir a toda a comarca a nova grella da Rádio FilispiM, ao través do 93.9 FM e como novidade, tamén para o mundo en directo ao través do streaming, activando o reprodutor que se atopa neste blogue na parte superior dereita.

Máis info en: http://opaii.blogspot.com/2011/09/radio-filispim-comeza-sua-setima-grella.html


Descargar a cunha de radio

08 maio, 2011

As imaxes da IX Sesión Vermú de Rádio FilispiM [Caranza - 07/05/2011]

Istas son algunhas das imaxes da xa mítica IX Sesión Vermú de Rádio FilispiM [Caranza - 07/05/2011], donde presentouse a grella 2010/2011 e actuou o "tripeiro" JORGE MIRANCOS. En breves, máis.



Estoutras tirounas Susete de Ferrol:

Escoita o programa especial da IX Sessiom Vermu de Ràdio FilispiM


Programa especial, ao vivo, na IX Sessiom Vermu de Radio FilispiM o 7 maio 2011, com a actuazom de Jorge Mirancos e presentazom da actual grelha filispiniana.


Descargar o audio

07 maio, 2011

IX Sessiom Vermú pola autoxestión da rádio


Descargar o audio


O Sábado 7 de Maio a partir das 12h. do medio día, no novo local da rádio em Caranza, o Colectivo OPAII - Rádio FilispiM, festexará a IX Sessiom Vermú pola autoxestión da rádio na que actuará Jorge Mirancos.
Também temos organizado um programa especial de rádio ao vivo a partir das 12h.
Pinchos, cerveja, e vermú a prezos populares para colaborar com a rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM no 93.9FM.
O novo local da rádio, está na parte traseira do mercado de Caranza, na Avda. Castelao S/N, esta é a nova ubicazom:


Ver Rádio FilispiM en un mapa máis grande
Related Posts with Thumbnails