Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

20 março, 2017

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 215 7.03.2017

EN EL DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER Como en años anteriores queremos aportar nuestro pequeño grano de arena a conmemorar un día tan señalado. Nada mejor que recordar sucintamente la historia, mencionar a algunas de las mujeres que jugaron un papel importante en la lucha por la igualdad entre el hombre y la mujer en todos los ámbitos y actividades de la vida y particularmente en el mundo del trabajo. Mostrar los avances que indudablemente se han alcanzado desde el lejano 1910 y al mismo tiempo manifestar la firme voluntad de seguir avanzando hasta lograr la total equiparación de derechos. Entre historia y reflexiones varias, la banda sonora del programa es exclusivamente femenina, como no podía ser de otra forma. Pese a alguna pequeña dificultad técnica suenan Malouma, Elefthería Arvanitaki, P.J. Harvey, The Bangles, Sés, Anohni, Fatoumata Diawara y Patty Smith.

17 março, 2017

Nova Local - Lectura do comunicado na Concentración en EMAFESA pola Plataforma Pola Remunicipalización.

Audio da lectura do comunicado da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, na concentración en Ferrol polo Saneamento contra a Taxa, por unha EMAFESA cen por cen Pública, o pasado mércores 1 de marzo, ás doce do mediodía, na Praza da Ilustración.
>

16 março, 2017

Ábrete de orellas, CLXVII, 6-marzo-2017

Repasamos algúns concertos orelludos para esta semana, de artistas do país e estranxeiros !
E presentamos discosde publicación máis ou menos inminente.
Turma Caipira, 2uS e Jamie Fifthring achégannos mostras do que aparecerá nos seus discos.

E pechamos co regreso de Window Pane.


    • Josh Hoyer & Soul Colossal "Make Time for Love"
    • Cró! "Videovigilada"
    • Os amigos dos músicos "Son o último"
    • Eladio y los seres queridos "Meu amor é mariñeiro"
    • Guadi Galego "O privilexio é soñar"
    • Dayna Kurtz "It's How You Hold Me"
    • Fernando Barroso "Altamar"
    • Turma Caipira "Bellis silvestris"
    • 2uS "Samba - Tutu"
    • JamieFifthring & the Coffee Breakers "A Confederacy of Dunces"
    • Sokram "Night Club"
    • Window Pane "Born Once Again"
      Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

      Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

      Velaquí os horarios de emisión:

      Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
      Cuac FM: mércores 9:00 h.
      A Kalimera: martes 12:00 h.
      Radio Roncudo: martes 17:00 h.
      Onda Neria: mércores 21:00 h.
      Radio Piratona: luns (23h), martes (19h), mércores (02h), venres (11h) e domingos (14h)
      Radio Fedello: xoves

      15 março, 2017

      58º Programa Entrelazados [8º - 3T]


      Música Galega: Lidia Botana e Xurxo Souto [Nunca choveu]. As Minientrevistas: Entrevista a Gabriela Sánchez Cortizas, profesora de inglés do instituto de Mugardos, para falarnos do programa Piale de estadía no estranxeiro. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Queen no Cine] Temas: [Flash Gordon], [Princes Of The Universe], [Moulin Rouge]. Música Galega: MJ Pérez [Morder a Lingua].
      Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

      Programa 13 de Directo de Esquerdas (14-03-2017)


      Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe entrevistamos a Marisé, Rosa e Roque do grupo de consumo "Fonte da Uz". Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os martes de 21:30 a 22:30h.

      14 março, 2017

      Off Mental - programa 93


      Edición nº 93 de Off Mental. 

      Contido:
      • LA DÜSSELDORF - Viva (Strand, 1978).
                - Rheinita.
                - Viva.
                - Geld.
      • OREGON - Oregon (ECM, 1983).
                - The rapids.
                - Beside a brook.
                - Impending bloom.
      • MEREDITH MONK - Book of days (ECM, 1990).
                - Fields/Clouds.
                - Jewish storyteller/Dance/Dream.
         
      Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".  Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera, Rádio Piratona (Vigo) e Radio Redondela. Outras radios alternativas interesadas na emisión contactar co Pequeno Monstro. + info: http://offmental.blogspot.com

      11 março, 2017

      Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 214 28.02.2017




      SURF & YOGA, YOGA & SURF

      Desde hace muchos años, tal vez desde siempre en determinadas culturas, el yoga ha estado unido al surf. El mítico hawaiano Gerry López fue un pionero, un abanderado en la defensa de la sinergia y complementariedad entre ambas disciplinas, cuestión que hoy se ha popularizado. Para comentar esta estrecha relación nos acompañan en el programa María, Isa, Jess y Jota. Los cuatro, ellos y ellas, practicantes e instructores -en su caso- de ambas materias, inundaron de serenidad y sabiduría el estudio. El surf significa muchas cosas, el yoga también, incluso pueden llegar a ser una forma de vida. De manera práctica parece que el yoga aporta más al surf que viceversa, pero las aportaciones son recíprocas. Es evidente que volveremos a tratar este tema en el programa. La banda sonora –propuesta básicamente por María e Isa- por momentos nos llevó a otra dimensión: Anoushka Shankar, Cliff Martin, Miten, el mantra Moods of Kirtan de Siksastaka y Devendra Banhart.

      10 março, 2017

      "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán

      Cunha PROMO da "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán.


      Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.

      Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
      1. 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37']
        Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.

      2. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28']
        Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo.

      3. Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34']
        Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.
      Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.


      Related Posts with Thumbnails