Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 fevereiro, 2018

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 256 13.02.2018




2017, FIN DE TRAYECTO

No teníamos prisa alguna en cambiar de año, en realidad no tenemos nada de prisa en que el tiempo pase, pero finalizando febrero hemos de asumir que esto no hay quien lo pare. Así que le dijimos a Fran y a Jesús que haríamos otro programa de repaso del pasado año y que sería el último. Se esmeraron, claro, bueno… como siempre! Se presentaron en el estudio con muchos temas y hubo que elegir. Nos dio tiempo a escuchar a Big Thief, Beck, Courtney Barnett & Kurt Vile, The Horrors, Protomartyr, JD McPherson, Marika Hackman, Captains, LCD Soundsystem, Fleet Foxes, Grizzly Bear, Charlotte Gainsbourg, Ride y Alt-J.

25 fevereiro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº11. Luns 19 febreiro 2018. 

Sintonía do programa e presentación dos convidados. Roberto Taboada, Rafa Aguirrebengoa, Esteban Vázquez, Antonio Casal, Rubén Labisbal, Manuel Pita.
Roberto Taboada na sección Noticias do Barrio Alto-Canido informa de mellorías e carencias do Centro Cívico de Canido e da programación quincenal da Asociación Veciñal.

Rafa Aguirrebengoa na sección Outra información é posible, analizou tres noticias. A folga dos funcionarios de Xustiza, a folga de Mulleres do 8 de marzo, e novidades arredor do Sistema Público de Pensións.
Estebán Vázquez tramitou a súa declaración de Vivo, Penso e Declaro.
Antonio Casal, Rubén Labisbal e Manuel Pita, compoñentes da Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, presentaron o seu debate co título A historia que arrastramos.
Análise do momento histórico que estamos a vivir e procura das causas que poidan explicar este momento histórico actual: caída da URRS, retroceso da Socialdemocracia, globalización, retroceso do Estado de benestar, neoliberalismo...

Despedida escoitando La Lege.


22 fevereiro, 2018

Rádio FilispiM muda a súa ubicación e suspende temporalmente as emisións ao vivo

Hoxe 22 de febreiro de 2018 chega un momento moi agardado por nós e os colectivos e persoas afíns: o traslado do estudio de Rádio FilispiM. Non é a nosa primeira mudanza, pois as reformas do edificio do Ateneo Ferrolán, a nosa primeira casa desde o verán de 2005, obrigáronnos daquela a procurar unha nova ubicación. A Asociación Cultural Fuco Buxán, partícipe na nosa grella de programas, cedeunos o local que abandonaban na traseira do mercado de Caranza e así este barrio foi a nosa segunda casa desde setembro de 2010.
 Por cuestións de seguridade, de comodidade e técnicas, deveciamos por abandonar un local no que desde hai tempo resistiamos en condicións penosas e mesmo perigosas. Nos últimos anos procuramos algún local acorde coas nosas necesidades para revitalizalo e por fin, grazas á Asociación de Veciños de Canido e a Muíño do Vento, comezamos ver a luz. Tanto nós como as dúas asociacións coincidiamos na opción de levar Rádio Filispim ao Centro Cívico de Canido, un edificio moderno, ben ubicado e infrautilizado. Esta mudanza contribuiría á dinamización das asociacións, do Centro Cívico de Canido, deste barrio e da cidade. Finalmente, as conversas entre os tres colectivos e o Concello de Ferrol, o estudo de orzamentos e unha posterior aprobación de gastos pola nosa asemblea concretáronse no comezo desta nova etapa.


Marchamos con ilusión e optimismo a outro barrio senlleiro da cidade. Confiamos nun cambio beneficioso para nós e para a comunidade. Gozaremos dunha mellor cobertura do noso sinal. Teremos unhas condicións dignas e atractivas para a participación de todas as persoas que entenden este proxecto comunitario. Creceremos coma o que desde sempre quixemos ser: un servizo útil e próximo para voces que teñen presenza nula, escasa ou terxiversada nos medios públicos, privados e comerciais.
Só podemos terminar por insistir no noso agradecemento ás entidades mencionadas e berrar un “Opa, Canido!”, “Opaí, Radio FilispiM!
O Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM

Ábrete de orellas, CCXVIII, 19-febreiro-2018

Complicado reducir a unha hora de cancións toda a info de concertos pola Galiza e as novidades que se van acumulando na redacción orelluda. Penso que volveu quedar unha escolma variada e de calidade e esa a idea de Ábrete de orellas.



    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre "Baile de Noró"
    • Sés "Non son fada"
    • Azougue "Soán"
    • Valentín Caamaño Trío "Turn the Screw"
    • Depedro "La casa de sal"
    • The Lakazans "My Dreams, The Truth, Your Heart"
    • Delta Moon "21st Century Man"
    • The Kinks "20th Century Man"
    • Bohem "Home"
    • Black Islands "Exilio de amor"
    • Santero y los Muchachos "Aún"
    • Banda Crebinsky "Zirkus Affe (3)"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h.

16 fevereiro, 2018

Ábrete de orellas, CCXVII, 12-febreiro-2018

No programa desta semana caemos na tentación de "orixinal e versión" por mor de dous concertos ben recomendabeis en Ferrol na fin de semana.

Repasamos outros bolos interesantes de artistas do país ou que nos visitan e gardamos un oco ás novidades discográficas que non deixan de chegar nestas primeiras semanas do ano.



    • The Lakazans "Way Back Home"
    • Track Dogs "I Don't Wanna Ruin it"
    • Víctor Aneiros "Bórrate"
    • Bambino "Soy lo prohibido"
    • Natalia Lafourcade & Los Macorinos "Soy lo prohibido"
    • Nina Simone "I Wish I Knew How It Would Feel to Be Free"
    • The Gramophone Allstars Big Band "I Wish I Knew How It Would Feel to Be Free"
    • Pistones "Metadona"
    • Smile "Light You Up"
    • Black Islands "Reino animal"
    • Silvia Penide "Lo que dure es lo de menos"
    • A banda da loba "Tres segundos de memoria"
    • Tiruleque "Cortellas" 
    • Brigan con Davide Salvado "Marichao"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona
Radio Fedello os xoves
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h.

13 fevereiro, 2018

Programa 83 de Sons Revela2

O pasado, venres 9 de febreiro voltaba ás ondas filispinianas o programa Sons Revela2, despois de 9 meses de parón. 

Agardamos que vos gustase! Esperámosvos no outro lado da radio todos os venres a partir das 20:30! 





Temas que soaron no programa: 

Tabare Cardozo: Ensayo y Error 
Manolo Bacalhau: Tango de Ferrol
Tradine Licks: Out of Control 
Voodoo: Aquí e Alá 
Víctor Aneiros: Ciudad Olvido 
Jorge Drexler: Telefonía 
Tootara: Laissee Passer 
Luisa Sobral: Cupido 
L.P: Lost on you 
Salvador Sobral: Nada que esperar 

10 fevereiro, 2018

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 255 6.02.2018




SENEGAL, MÁS QUE UN SIMPLE SURFARI

Viajar en busca de buenas olas y de paso conocer otras culturas es un objetivo que comparten muchos surfistas en todo el planeta. A veces, además, existen otras razones tan poderosas o más que las mencionadas para coger tu tabla y partir. En este caso fue la amistad entre Pablo Solloso y Laura Feal, joven ferrolana cooperante muy comprometida en Senegal con la asociación local Hahatay, Son Risas de Gandiol, fundada por el escritor senegalés Mamadou Dia precisamente en Gandiol, un pueblo de agricultores y pescadores que se extiende sobre el litoral de la región del norte de Senegal, Saint Louis. El viaje africano y el contacto con las olas lo inician en Dakar Pablo junto con Néstor Martínez –los dos invitados del programa que nos narran excepcionalmente bien la experiencia- a los que se unen Mikeldi, David (ambos vascos) y Remi Berthet, francés residente en Ferrol.

Pero es la parte social y cultural del viaje lo que nos pareció más interesante, pues los cinco, aparte de surfear, son testigos privilegiados de la realidad que es hoy Hahatay, después del impulso que recibió en memoria de la joven arquitecta cooperante vasca, tristemente fallecida, Nerea Pérez-Arróspide. En efecto, los amigos y familiares de Nerea hicieron realidad su sueño, construir un Centro Cultural Comunitario cuyo objetivo es ofrecer espacios educacionales para crear oportunidades, objetivo plenamente coincidente con el de Mamadou y Laura Feal en Hahatay, y que sin duda supone una infraestructura magnífica para alcanzarlo. Tantas cosas nos contaron que la música –africana, claro- pasó a un segundo plano, pero aún así pudimos escuchar algún temazo de Ismael Lo, Tiken Jah Fakoly y Youssou N’Dur.

08 fevereiro, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO

 Programa Nº 10. Luns 5 febreiro 2018.

Sintonía e comezo da emisión coa presentación de convidados.
Roberto Taboada, Presidente da Asociación Veciñal, presentou as Noticias do Barrio Alto-Canido. Informacións relativas aos contactos mantidos cos comerciantes do Barrio cara a constitución dunha Asociación. Información relativa á Reunión Interbarrial e ás novas actividades espalladas xa no Aviso á veciñanza nº 7.

Rafa Aguirrebengoa centrou a sección Outra información é posible arredor de dous bloques temáticos; un primeiro tema foi a Situación da Sanidade Pública e un segundo tema a Renda Básica Universal.

Na sección Vivo, penso e declaro tivemos como convidada a Tere Leira. Lembranza do seu Esteiro da nenez e descrición dunha nova vida en Canido onde actualmente vive, seguido de desexos e reivindicacións para un barrio humanizado e con futuro.

No Tema do día, Situación medioambiental da comarca de Ferrol, participaron Xan Lopes e Miguel Anxo González representando a ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), insignia de ouro Ferrol 2017. Exposición da actual situación da Ría e os múltiples factores que levaron á degradada situación actual ( verteduras, recheos, planta de gas, pontes que fan de barreiras para o tránsito das augas, peche exterior…). Exposición sobre o estado dos nosos bosques e a ILP. Exposición das necesarias medidas sobre a xestión de residuos. Exposición do necesario cambio no uso do transporte. Remate con chamamento á necesaria participación cidadán no movemento ecoloxista.

Nas montañas de Galicia, sinfonía nº 2 de Andrés Gaos e peche de emisión.


Related Posts with Thumbnails