Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC



10 janeiro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO.
Programa nº 7.   Luns 18 Decembro 2018.

Emisión número sete que comeza coa sección habitual de Roberto Taboada Noticias de Canido, para continuar cun programa especial a xeito de homenaxe a Antón Varela, Tonecho, Gaiteiro de Canido, Gaiteiro Universal.

Como convidados estiveron no programa José Varela, irmán de Tonecho, e Xan R. Silvar amigo e compoñente do grupo Raparigos.
Gaita Irreal de Celso Emilio, foi o pórtico de entrada a un percorrido vital e artístico do homenaxeado.

Percorrido vital, dende os xogos en Ínsua do neno Tonecho, ata os seus estudios de mozo. Dende o carteiro e electricista ata o obreiro da Bazán que un día decide cambiar de rumbo e buscar outros portos. Tonecho pide a conta e prepárase para dedicarse  enteiramente a súa paixón, a gaita . A gaita como interpretación e construción.

Percorrido artístico explicativo do achegamento ao mundo da gaita, dende as influencias familiares, Follas Novas, Raparigos, Cempés, Berros do Castro…...ata o derradeiro interprete de Catálogo de seu. Polo medio viaxes a Festivais e Encontros Internacionais (Modena, Lorient, Saint Chartier…). Sen esquecer o labor docente e formativo que desenvolveu en barrios e parroquias de Ferrolterra.

Tonecho e a súa coidada interpretación, lonxana a calquera adorno en desmesura que rompera a emoción primixenia da liña melódica. Tonecho construtor e investigador no seus obradoiros da rúa San Francisco e Magdalena, lugar de encontro do mundo da música tradicional da contorna.
E Tonecho solidario con calquera iniciativa cidadán, nomeadamente con aquelas do seu barrio: Canido.

Soaron as gaitas do seu derradeiro traballo e coa solemnidade da Marcha de Breixo pechou esta homenaxe a Antón Varela, Tonecho.

Ata sempre, gaiteiro.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails