Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC Internet Radio



13 maio, 2018


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº16. Luns 7 Maio 2018.

Programa especial dedicado á Festa dos maios en Canido.
Maio, maio maduro cantado por Cristina Branco serviu de sintonía ao debate no que participaron Guillermo Leira, Viviana Fernández e Roberto Taboada, os tres compoñentes da Intrabarrial organizadora das festas.

Avaliación positiva do desenvolvemento da programación e consenso na idea de que o modelo elixido é o correcto. Modelo que ten como cerne a festa popular dos maios, e arredor deste eixo vertebrador de actividades de todo tipo e destinadas a todas as idades (actividades recreativas, culturais, musicais, feira, xantar…ata 27 actividades), procurando a participación activa da cidadanía. Modernidade e tradición nas festas populares tentando de implicar á cidadanía e fuxindo de canto ruído ou actividade sexa molesta para a vida cotiá da veciñanza.

María Romero Iglesias, rapariga que dende pequena veu “facendo maios” fixo a súa declaración en Vivo, penso e declaro.

Maio, maio de Pablo Quintana dou entrada a Inventa unha flor. O escritor Antonio Yáñez explica en que consiste este certame escolar que nos últimos seis anos ven formando parte da programación das festas do barrio. Bases, participación dende os Centros educativos do barrio, desenvolvemento do acto central, libro dixital que recolle os traballos elaborados…Avaliación e desexos de continuidade e futuro para este acto que a ASC Muíño do Vento programa.

E paso  ao recital poético dos nenos e nenas representantes dos Centros Educativos do barrio, IES Canido (Alba Díaz-Caneja), Juán de Lángara (Andrea Ramos Niebla), San Rosendo (Lola Sánchez Gómez) e Cruceiro de Canido (Tomas Cruz Saavedra).

Troula de Juán Durán coa OSG serviu de despedida ao programa.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails